Datos Xenerais   |    Historia   |    Presidentes   |    Consello   |    Pasarón   |    Patrocinadores / Colaboradores
Imprimir

Noso Clube está a punto de cumprir 70 anos. Un longo camiño que lle ha levado a saborear intres dulces, alcanzar o éxito, sufrir penas e decepcións, instalarse na mediocridade e incluso estar moi cerca de transpasar o umbral da desaparición. Unha vida intensa, coma a de calquer ser humán. E non é unha comparación gratuita, pois ao fin e ao cabo, o Pontevedra non deixa de ser máis que a expresión dunha conciencia colectiva, a que forman, con lealdade, orgullo, amor e pasión, os miles de afecionados que durante estas sete décadas puxeron corazón e alma ao servizo das cores granates.

No obstante, a diferenza dos mortais, a nosa entidade pode pervivir no tempo grazas ao empuxe das novas xeneracións, as que tratan de levarlle outra vez ás máis altas cotas do fútbol español, aquelas que aínda pasean, con orgullo e añoranza, pola memoria dos seguidores máis veteráns, os que tiveron a fortuna de presenciar en vivo aquel épico ascenso a Segunda en León, e os posteriores anos de dominio na categoría de prata e de bravura e entrega en Primeira División.

Un equipo, o Pontevedra, que na década dos sesenta foi reconocido a nivel nacional polo seu magnífico rendemento nos terreos de xogo, hasta o punto de pasar a ser chamado o "Hai que roelo". Un oso para tódolos seus rivais, incluido aquel Real Madrid liderado por Di Stéfano que mandaba en Europa.

Logo viñeron tempos peores, pera trala chegada do novo século e coa boa xestión do presidente Nino Mirón, o Clube recuperou parte do seu prestixio. Por suposto que non será doado volver a vivir na élite, pero ó menos desterrouse calquer atisbo de desaparición e incluso a nivel deportivo encontrámonos coa capacidade para loitar por ese segundo escalón, tamén parte de esa deseada Liga Profesional. Simplemente hai que seguir loitando por elo e levantarse para intentalo unha vez máis tras cada tropezo. A historia do Pontevedra demostra que nunca hai que renderse, que despois de mala épocas chegan outras mellores. E sobre todo, que os granates sempre estiveron ao lado do seu equipo e en algún momento obtúvose o deseado premio.

Acó temos un breve resumen da longa historia da nosa entidade. Para aqueles que queiran conocela o para quenes desexen recordala. E esta oportunidade de revivir o pasado debémoslla a Miguel Domínguez Vaz, pois case tódolos datos que están en nosas mans proceden do libro que escribiu este distinguido médico pontevedrés, afecionado de toda a vida e loitador nas trincheiras granates durante a súa etapa como presidente, cargo que con anterioridade ocupou o seu pai.

Patrocinadores Oficiais
Ence      Pescamar      Diputación de Pontevedra      Restaurante Brasería Nino      Caixanova      Diario de Pontevedra

Visit Pontevedra      Amstel      Cocacola
© 2012 / Pontevedra Clube de Fútbol S.A.D. - Todos os dereitos reservados
Suscribirse